miércoles, 7 de octubre de 2015

"Emoción e corazón acelerado" dende Santos

 Por Marcia Diéguez - Do Centro Español de Santos

  No ano no que o noso grupo Caminos de España, do Centro Español de Santos, cumpre trinta anos, os festexaremos en Galicia, os viviremos na quinta provincia, en Bos Aires.

   Dende o lanzamento do Buenos Aires Celebra Galicia 2015, surxiu a idéia e o soño de
comemorar o noso aniversario alí. Isto comenzou con moitos contacto cós amigos de longa data, de Fillos de Galicia, e con Antonio Miranda, ca súa vinda a Santos.

   En xulio tocoume unha praza para as Escolas Abertas en Galicia. Alí abrazamos toda-la cultura galega, amigos novos, moita emocion, sonrisas e bágoas. Alí os amigos mais achegados eran arxentinos. Eles ensinaronme -con horas de moita conversa- as historias contadas sobre o noso país, sobre os avós e os relatos dos galegos emigrados. Alí non éramos brasileños ou arxentinos, éramos galegos! O Amor por Galicia uníanos e facíanos irmáns.

   Na despedida, surxiron as ganas de atoparnos de novo e de vivir a Galicia intensamente có noso grupo Caminos de España.

   Grazas aos amigos que organizan ese evento, á Alejandro da Xunta en Buenos Aires, entre outros, vai rematar o soño de achegarnos alí.

   Hoxe facemos o chequeo dos traxes, das pezas novas aprendidas nas gaitas en tempo récord, dos bailes e da grande Muñeira do Camiño.  O noso grupo está unido, axudando uns aos outros nas dificuldades, alegria e muita emoción e ilusión de atopar o Guiness. Y alí estará Brasil tamén.
 
   En poucas horas embarcamos rumbo a Buenos Aires Celebra Galicia e póñome a pensar se algún día nosos avós poderían imaxinar unha festa coma ista. Un encontro de galegos, fillos e netos de Sudamérica, misturando forzas e bailando a muñeira mais grande do mundo.

   O amor por Galicia fai que non atopemos fronteiras: vimos de Ourense, Pontevedra, Lugo e Coruña, dende a terra e do mar. E na Avenida de Mayo, non estarei sóa, alí estarei levando comigo a miña Nai e aos meus avós e bisavós. Todo-los antergos que non poideron voltar a Terra Nai.

   Grazas, miles de grazas a todos que fixeron posíble iste soño.

   Así, Caminos de España celebrara trinta anos de vida na Quinta provincia de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario